Sunday 08 de September de 2024

Boqueixón en Ruta leva a medio cento de veciños e veciñas ás Rías Baixas


Medio cento de veciños e veciñas de Boqueixón viaxaron da man do Concello de Boqueixón ás Rías Baixas, onde desfrutaron dunha cata de viños e un paseo pola ría de Arousa en catamarán. Trátase da terceira das cinco excursións incluídas no programa “Boqueixón en ruta”, posto en marcha este ano no municipio e que ofrece unha excursión mensual a distintos puntos de Galicia.

A expedición boqueixonesa comezou a súa viaxa en Cambados, onde gozaron dunha cata de viños albariño. Tras facer un percorrido turístico pola capital do albariño, os excursionistas visitaron tamén outras localidades como a Illa da Toxa ou O Grove. Así mesmo, desfrutaron dun paseo en catamarán pola ría de Arousa, onde volveron degustar o viño albariño acompañado por uns mexillóns da ría ao vapor.

Esta é a terceira viaxe do programa “Boqueixón en ruta”, tras as saídas a Ribadavia e á Ribeira Sacra. A próxima cita será unha viaxe a Fisterra e a Costa da Morte, que terá lugar o 21 de setembro. Máis información e inscricións no Concello de Boqueixón ou no teléfono 981 513 115 (en horario de mañá).